TOP CF

"As opinións son como os culos, todo o mundo ten algún"


(Imaxe tomada de blogdecine.com)
Contundente frase ou exabrupto de Harry Callgahan na película "The Dead Pool" (1988; en España, "La lista negra"), papel interpretado por Clint Eastwood. Trátase da quinta película da serie "Harry o sucio".


Parafraseando ao famoso actor, moita xente sostén que:


"As listas dos mellores son como as orellas, todo o mundo ten un par delas"


Certamente as listas das Cen mellores cancións do ano, Cen mellores películas do século XX, Cen mellores novelas da historia, etc, etc, proliferan como fungos, especialmente a finais de cada ano cando á prensa dalle pola nostalxia ou polo repaso histórico e vese obrigada a encher artigos sobre o ano, a década ou, mesmo, o século que está a piques de rematar.

Unha clasificación deste tipo ten unicamente un interese como curiosidade por coñecer os gustos da persoa ou persoas que elaboraron tal lista. É moi difícil que dúas persoas, incluso ou sobre todo tratándose de expertos, coincidan en cales son as cen mellores e, moito menos, na orde dentro das cen.


Por outra banda, eu non son capaz de decidir se me gusta máis Casablanca ou Matar  un ruiseñor, Alien, el octavo pasajero ou Blade runner, Bruce Springsteen ou Rolling Stones, Las uvas de la ira ou Cien años de soledad, Asimov ou Clarke, Kim Stanley Robinson ou Orson Scott Card. Supoño que esto lle pasa a moita xente.


Non obstante, tomadas con certo escepticismo, estas clasificacións poden servir para preguntarse por que non está certa novela ou canción que te gusta ou para sentir curiosidade por ler ou ver unha novela ou película que non coñeces. Por eso preséntovos algunhas clasificacións de novelas de ciencia ficción:


En primeiro lugar unha clasificación das dez mellores segundo o diario británico The Times aparecida en 2009. Entre esas dez atópanse: Crónicas marcianas, ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, Solaris, 20.000 leguas de viaje submarino e La guerra de los mundos, presentes neste blogue. Cinco de dez, non está mal.


O diario The Guardian, tamén británico, publicou o Top 20 da literatura geek en 2007. Geek é un termo inglés que expresa algo parecido ao que nós denominamos friki. A literatura geek inclúe ciencia ficción, fantasía e misterio. Nesta lista temos deste blogue a gañadora: Guía do autoestopista galáctico, e seis das sete seguintes: 1984, Un mundo feliz, ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, Dune, Yo, robot e Fundación, Tampouco está mal, tratándose dunha lista non estrictamente de ciencia ficción.


Un autor chamado David Pringle, publicou un libro en 1985 que tivo moita repercusión coas 100 mellores novelas de CF do período 1949-1984. Temos as seguintes:


1984, George Orwell [1949]
Crónicas marcianas, Ray Bradbury [1950]
Fahrenheit 451, Ray Bradbury [1953]
El fin de la infancia, Arthur C. Clarke [1953]
Mercaderes del espacio, F. Pohl y C. M. Kornbluth [1953]
El fin de la eternidad, Isaac Asimov [1955]
Las estrellas mi destino, Alfred Bester [1956]
Tiempo de Marte, Philip K. Dick [1964]
Dune, Frank Herbert[1965]
¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, Philip K. Dick [1968]
La mano izquierda de la oscuridad. Ursula K. Le Guin [1969]
Neuromante, William Gibson [1984]



En 2011, Paul di Filippo y Damien Broderick publican, a modo de continuación, as 101 mellores novelas de 1985-2010. Temos:


El cuento de la criada [The Handmaid’s Tale] (1985), Margaret Atwood
El juego de Ender [Ender’s Game] (1985), Orson Scott Card
Marte rojo [Red Mars] (1992), Kim Stanley Robinson
El libro del día del juicio final [Doomsday Book] (1992), Connie Willis
La chica mecánica [The Windup Girl] (2009), Paolo Bacigalupi



En 2009, a rede Menéame publica a seguinte lista dos 70 mellores, feita por votación popular on-line, na que se inclúen, indicando o seu posto na clasificación:


1) ‘Fundación’, de Isaac Asimov
2) 'Dune', de Frank Herbert
3) ‘Solaris’ de Stanislav Lem
4) ‘Cita con Rama’ de Arthur C. Clarke
6) ‘Fahrenheit 451’ de Ray Bradbury
7) ‘Contacto’ de Carl Sagan
9) ‘Neuromante’ de William Gibson
10) ‘Hyperión’ de Dan Simmons
11) ‘El juego de Ender’ de Orson Scott Card
14) "El fin de la infancia" de Arthur C. Clarke
15) ‘La guía del autoestopista galáctico’ de Douglas Adams
17) ‘Mundoanillo’ de Larry Niven
19) ‘Crónicas marcianas’, de Ray Bradbury
21) ‘Yo, robot’ de Isaac Asimov
24) ‘20.000 leguas de viaje submarino’, de Julio Verne
25) ‘El Fin de la Eternidad’ de Isaac Asimov
27) ‘Las estrellas de mi destino’, de Alfred Bester
30) ‘1984’, de George Orwell
35) ‘La máquina del tiempo’ de H. G. Wells
39) ‘¿Sueñans androides con ovejas eléctricas?’ de Philip K. Dick
41) ‘Pórtico’ de Frederik Pohl
50) ‘La voz de los muertos’ de Orson Scott Card
51) ‘La guerra de los mundos’ de H. G. Wells
58) ‘El libro del día del juicio final’ de Connie Willis
60) ‘La mano izquierda de la oscuridad’ de Ursula K. Le Guin
63) ‘La luna es una cruel amante’, Robert A. Heinlein



Tamén en 2009, o periódico dixital 20 Minutos.es, tamén por votación dos internautas, publica a súa propia clasificación. Ahí temos:


1. Saga de la Fundación (Isaac Asimov) (Fundación, Fundación e Imperio e Segunda Fundación)
2. 1984 (George Orwell)
3. Un mundo feliz (Aldous Huxley)
4. Yo, Robot (Isaac Asimov)
5. Viaje al centro de la Tierra (Julio Verne)
6. Dune (Frank Herbert)
7. La guerra de los mundos (H.G.Wells)
8. El fin de la eternidad (Isaac Asimov)
9. Fahrenheit 451 (Ray Bradbury)
10. La máquina del tiempo de H. G. Wells
11. Crónicas marcianas ( Ray Bradbury)
12. 2001: Una odisea espacial (Arthur C. Clarke)
13. ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? (Philip K. Dick)
15. Veinte mil leguas de viaje submarino (Julio Verne)
16. Frankenstein (Mary Shelley)
18. El Fin de la Eternidad (Isaac Asimov) (Obviamente un erro pois está repetido na posición 8)
19. Solaris (Stanisław Lem)
20. El hombre invisible (H.G. Wells)
22. Saga de La Guía del autoestopista galáctico (Douglas Adams)
30. Mercaderes del espacio. (Frederik Pohl y Cyril M. Kornbluth)
34. La luna es una cruel amante (R. Heinlein)
37. Trilogía Cósmica (C. S. Lewis) Esta triloxía inclúe:  Más allá del planeta silencioso e Perelandra, Un viaje a Venus.
38. Otros Mundos  (Que inclúe: "Historia cómica de los Estados e imperios de la luna") (Cyrano de Bergerac)


Esta clasificación é a que máis me gusta, pois temos case un pleno nos primeiros 20 postos. Cómpre dicir que no posto 16 está Los propios dioses de Asimov que aparecera próximamente neste blogue. No posto 14 atopamos Soy leyenda de Richard Matheson que é un relato de zombis ou mortos vivintes que para min non é propiamente ciencia ficción, aínda que amosen aspectos das novelas distópicas. En todo caso, como novela, lese con agrado. No 21 está unha novela de J.J. Benitez que tampouco é ciencia ficción nin ten interese na miña opinión.

Unha das cousas que máis me gusta nesta lista é a presenza de Frankenstein, novela fundadora do xénero en opinión de moitos expertos e críticos literarios.


A Sedipedia é unha enciclopedia colaborativa (wiki) sobre literatura, cómic e cine de ciencia ficción, fantasía, terror e misterio. Teñen a súa propia lista creada por votación aberta. A novela gañadora é 1984 de George Orwell. No segundo posto, Hyperion de Dan Simmons. No terceiro posto, Asimov e as súas Fundacións. Solaris, El juego de Ender, Dune, Crónicas marcianas, Pórtico, Las estrellas mi destino e El fin de la eternidad están entre os dez primeiros. Un mundo feliz, Cita con Rama, Fahrenheit 451 e La mano izquierda de la oscuridad están entre o posto 11 e o 20. Varias outras en postos posteriores.


El portal Términus Trántor, presenta a súa lista das cen mellores. Entre outras, Crónicas marcianas, las Fundaciones, Fahrenheit 451, El fin de la eternidad, Solaris, Hyperion, La mano izquierda de la oscuridad, Dune...


El Blog de BiblioEteca propón en 2012 "os dez libros de ciencia ficción que deberías ler antes de morrer": Fundación, El juego de Ender, Solaris, 1984, Un mundo feliz, Dune, Fahrenheit 451, Cita con Rama e 20.000 leguas de viaje submarino. So falta El hombre en el castillo de Philip K. Dick.


Finalmente, a revista Locus, responsable dos Premios Locus, publica en 2013 as listas de mellores novelas do século XX e do XXI (por separado) en dúas categorías, ciencia ficción e fantasía. A gañadora en CF do s. XX é Dune, e nos postos dous, tres e catro temos El juego de Ender, Las Fundaciones e Hyperion. Nos postos 5 e 6, La mano izquierda de la oscuridad e Guía do autoestopista galáctico O posto 7 é para 1984, o 9 para Las estrellas mi destino e o 10 para Fahrenheit 451. Na correspondente ao século XXI, temos no posto 3, La chica mecánica. e no 37 Oryx y Crake.



En fin, para gustos, cores, pero parece que o grupo das preferidas é bastante común.


LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...