24/12/16

Por no mencionar al perro

Novela de 1999 de Connie Willis, (Denver, Colorado, EEUU, 1945), gañadora dos premios Hugo e Locus.

Como xa fixera en El día del juicio final, os historiadores da Universidade de Oxford realizan viaxes no tempo. Nesta novela, o tempo actual sitúase en 2057, as viaxes ao pasado son, fundamentalmente a 1889 e a 1940, cunha breve incursión ao século XIV. A trama principal xira en relación á destrucción dunha catedral en Inglaterra polo bombardeo da aviación nazi en 1940 e os intentos de reconstrucciónda mesma na actualidade.  As contínuas viaxes dos historiadores ao pasado xeneran pequenos cambios que a autora denomina incongruencias (paradoxas do tempo) que teñen que ser reparadas para evitar o perigo de que a historia mude gravemente e, por exemplo, os alemáns gañen a Segunda Guerra Mundial. Unha das chaves desta incongruencia atópase na época victoriana. Por eso, os historiadores teñen que viaxar a 1889. Vemos unha descripción de dita época, da sociedade de entón, ríxida, clasista, excéntrica, chea de tabús e prohibicións, pero divertidísima cando se observa desde fora.

Escrita con moito sentido do humor, parece unha comedia de enredo con equívocos e situacións hilarantes e diálogos absurdamente xeniais.

A autora fai continuas alusións a clásicos da literatura, comezando polo título que fai referencia a un relato de Jerome K. Jerome, Tres hombres en una barca, de 1889 que levaba como subtítulo, precisamente, Por no mencionar al perro.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...