23/5/12

La guerra de dos mundos

O autor deste libro é Sergio L. Palacios, doutor en Física e profesor e investigador na universidade de Oviedo. A partir da idea de acercar a física a estudantes universitarios de distintas áreas, deseñou unha materia de libre configuración, Física na ciencia ficción. Unha parte dos materiais reunidos para as súas clases deron lugar a este libro.
Sergio Palacios mantén un magnífico blogue titulado Física en la Ciencia Ficción Plus.

Por se o título non fose suficientemente indicativo, o autor engade un subtítlo: Superhéroes y ciencia ficción contra las leyes de la física, que aclara por donde vai. Tomando como base o núcleo dunha película, serie de TV o cómic de ciencia ficción ou partindo dunha escea ou viñeta con contido científico, pseudocientífico, paracientífico ou patacientífico... aproveita para explicar de forma absolutamente amena e divertida algúns conceptos ou aspectos da física.
Polas súas páxinas aparece superman, spiderman, os catro fantásticos, Silver Surfer, Hulk, a marabillosa espada láser da Guerra das Galaxias, Eraser, Predator...  A invisibilidade tratada nas películas baseadas na novela de Wells e noutras películas e cómics non escapa a o seu agudo análise. A goma voadora (flubber) do doutor chiflado que deu dous filmes e que gaña enerxía en cada rebote aparece noutro capítulo. A teletransportación de Star Trek ou de La Mosca, as viaxes no tempo, a manía de usar armas atómicas para resolver problemas (Armageddon, El núcleo, Crisis Solar...) tamén son obxeto dos seus dardos.

Neste libro apréndese moita física case sen decatarse, pero tamén temos un repaso ao mellor do cine e do cómic do xénero fantástico e de ficción científica. Apréciase moi claramente a afición do autor por estes xéneros e, que, ademáis, ten bo criterio cando sinala a súa preferencia por 2001. Una odisea espacial ou Alien, el octavo pasajero. Nesto coincidimos.

Disponible na biblioteca do IES de Teis.

3/5/12

Pórtico

Novela do escritor estadounidense Frederik Pohl, nado en 1919 e falecido en 2013. Escrita en 1976 e gañadora dos premios Nébula(1977), Hugo(1978), Locus(1978) e John W. Campbel Memorial(1978), e dícir, todos os importantes, sendo a única novela, até agora, en acadalo.
É a primeira da Saga dos Heeches, misteriosos seres intelixentes xa desaparecidos, probablemente establecidos en Venus.

Pórtico é un asteroide, atopado polos humanos de casualidade, utilizado polos Heeches como base das súas naves de exploración da galaxia. Os humanos poden usar as naves e outros achádegos tecnolóxicos pero descoñecen os seus principios de funcionamento. Os prospectores viaxan nas naves para atopar en outros planetas vestixios dos Heeches qeu lles permitan comprender a súa tecnoloxía e descubrir a súa historia. O protagonista é un prospector atormentado polos seus desequilibrios mentais e a súa cobardía. Ao longo da novela vamos descubrindo máis sobre as razóns do seu tormento.

É salientable como as naves viaxan a velocidades superiores a da luz, grazas a esa tecnoloxía non comprendida, e sen ter en conta os molestos efectos relativistas. Ou sexa, o tempo transcurre igual para os astronautas e para os que quedan en terra, o que lles permite voltar despois dunha viaxe de, por exemplo, cen días, sen que para os de Pórtico non pasaran varios anos. Por non mencionar que, tamén, se obvian as tremendas aceleracións que sufrirían. Parece que, sinxelamente, atoparon algún atallo.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...