18/2/12

Historia de las Ciencias 4. La Ciencia del siglo XIX

Cuarta parte da Historia de las Ciencias de Stephen F. Mason.
No século XIX case todas as ciencias experimentan un gran pulo e desenvolvemento.
Por exemplo, a Xeoloxía consolídase como área científica. Comeza o estudo das fósiles, dos estratos e, como consecuencia, das teorías de constitución e evolución do planeta.
Do estudio dos fósiles derivaron as primeiras teorías de evolución das especies. O propio Darwin comezou a súa carreira científica máis interesado pola xeoloxía que pola bioloxía.
Estas teorías evolucionistas deron lugar a un dos debates e enfrontamentos entre científicos máis intensos, apaixoantes e fructíferos de toda a historia da Ciencia; aínda que non estivo exento de acritude e malos modos.
O resultado dese debate é coñecido e, curiosamente, no século XXI volve estar de actualidade.
No campo da química desenvólvese especialmente a química orgánica, a clasificación dos elementos químicos (con Mendeleiev), a teoría corpuscular da materia e a comprensión dos mecanismos de reacción (Lavoisier, Avogadro, ...) e os métodos de obtención de diversas sustancias inorgánicas. Na física é o século do estudo da natureza da luz e da electricidade e o magnetismo, sobre todo grazas ao gran James Clerk Maxwell.
Tamén aparece a microbioloxía e o estudio dos xermes patóxenos que inciden na mellora da mediciña e a ciruxía.
Por fin, é tamén o século do desenvolvemento da termodinámica e a enxeñería das máquinas térmicas.

Dispoñible na biblioteca do IES de Teis

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...