14/9/10

Historia de las ciencias 1: Ciencia Antigua, en Oriente y Medieval


Sabías que o filosofo alexandrino Xoan Filopón enunciou unha versión moi aproximada do principio de inercia casi mil douscentos anos antes de que o fixera Newton... e foi condeado como herexe pola Igrexa Católica?


Sabías que Eratóstenes, filósofo grego do século III a.C. determinou o radio da terra cun erro que vai entre o 1% e o 15 % segundo se tome a conversión da medida utilizada por el, o estadio?


Sabías que Aristarco de Samos, tamén no século III a. C. propuso un sistema heliocéntrico do Universo mil novecentos anos antes de que Galileo fora condeado pola Inquisición pola misma proposta?


Sabías que a pesares do coñecemento de que a terra é esférica, establecida polos filósofos gregos, os primeiros cristiáns retomaron a idea dunha terra plana, á imaxe do Tabernáculo?


Sabías que unha das primeiras alquimistas da historia, María a Xudía do século III, deixou como principal contribución... o baño maría?


Sabías que a tradición taoísta dos chineses na busca do Yin e o Yang (principios feminino e masculino, respectivamente), desenvolveron unhas elaboradas alquimia, medicina e farmacia?


Sabías que os mesmos chineses primitivos, consideraban que o ceo é redondo como a cabeza e a terra cuadrada como os pés?



Todo esto e moito máis, o atoparás nesta obra de Stephen F. Mason, a primeira dunha serie de cinco que recorre toda a historia das ciencias. É unha obra breve, só 160 páxinas moi entretidas.
Disponible na biblioteca do IES de Teis

1/9/10

La máquina del tiempo


Novela de Herbert George Wells do que xa comentamos outra obra. Esta é a súa primeira novela.

O protagonista (o Viaxeiro do tempo) constrúe unha máquina que lle permite viaxar a través do tempo. Wells non se para a describir demasiado a máquina, nin a base do seu funcionamento, so algúns detalles das palancas de bronce e marfil e a forma da máquina. De feito, esto non é o importante. O que realmente é o tema da novela é a situación da humanidade nun futuro que o autor sitúa no ano 802.701. A forma de vida, a crueldade, a decadencia que, presumiblemente, son as consecuencias da actuación dos seres humanos no presente ("o presente" é 1895, data de publicacción da obra). A inxustiza social actual, manifestada nas diferencias entre a clase obreira e as clase acomodada, derivaría en dúas variedades de seres humanos dexenerados, os Eloi e os Morlocks, condeados a enfrontarense entre eles.

No aspecto científico, o mais interesante é a descrición da evolución das órbitas do sol, a lúa e as estrelas vistas desde a máquina a "cámara superrrápida".

Existen varias adaptacións cinematográficas, das que destacan dúas: El tiempo en sus manos, dirixida por George Pal en 1960, protagonizada por Rod Taylor e La máquina del tiempo, dirixida polo bisneto de H. G. Wells, Simon Wells en 2002, protagonizada por Guy Pearce e Jeremy Irons. A parte das adaptacións máis ou menos libres, hai moitas películas que utilizan o tópico da viaxe no tempo. A máis coñecida pode ser Regreso ao futuro, de 1985, dirixida por Robert Zemeckis, producida por Steven Spielberg e protagonizada por Michael J. Fox e Cristopher Lloyd:


A novela está disponible na biblioteca do IES de Teis. Tamén en internet aquí.

Podes ver este interesante documental sobre as viaxes a través do tempo.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...