11/12/10

Historia de las Ciencias 2. La revolución científica de los siglos XVI y XVII



Segundo volume da Historia das Ciencias de Stephen E. Mason, do que xa comentamos o primeiro.

Durante os séculos XVI e XVII establécese o que se chama o método científico que, con diversas variacións, chegou ata os nosos días. Este método foi elaborado con distintas aportacións teóricas e prácticas, sobre todo por parte de Francis Bacon, Galileo, Descartes e Newton.

Tamén asistimos durante estes séculos ao traslado dos centros científicos importantes das áreas de influencia da Igrexa católica: Italia, península Ibérica, sur de Francia e, máis tarde, Alemaña ata as máis tolerantes áreas de influencia luterana e sobre todo calvinista: norte de Francia, Holanda e Inglaterra. A navegación e o comercio nestas áreas foron pulos para a ciencia.

Dase a contradicción de que os países máis navegantes e comerciantes da época (España e Portugal) non deron lugar a ningunha aportación científica de relevancia.

Son os séculos do triunfo ca concepción heliocéntrica do mundo, pese a persecución relixiosa sofrida por Galileo e outros, do establecemento das leis da dinámica e a lei da gravedade, do inicio do estudio da óptica, do uso do telescopio e o microscopio, do descubrimento da circulación menor do sangue e a comprensión da circulación completa, do inicio da mediciña como disciplina científica, así como o comezo do estudio da química con bases diferentes das da alquimia.

Máis importante aún, é cando por fin conflúen a tradición culta dos filósofos naturais (os teóricos) e a tradición artesanal dos comerciantes, barbeiros-ciruxans, fabricantes de máquinas e ferramentas... (os prácticos), dándose a necesidade de que as teorías propostas estén de acordo coas observacións e experiencias prácticas, é dicir, o método científico.

Disponible na biblioteca do IES de Teis

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...