16/9/09

Historia del tiempo

Obra de divulgación científica de Stephen Hawking, publicada en 1988.
O autor é un científico de gran prestixio, e este é o seu primeiro traballo de divulgación. O obxectivo e explicar a lectores non científicos as súas ideas sobre a orixe e evolución do Universo.
Hawking remóntase á teoría gravitatoria de Newton e á relatividade de Einstein, resultando unha excelente introducción á física actual para os no iniciados. A continuación desenvolve as súas propias teorías sobre o significado do tempo, e a evolución posible do universo. Cómpre dicir que os descubrimentos posteriores ao ano 1988 parecen ir en contra do Big Crunch (termo oposto ao do Big Bang) como destino final. En todo caso, as posibilidades propostas por Hawking, seguen abertas. Particularmente interesantes son as reflexións do autor sobre o concepto dun creador do universo.
Como a maioría dos verdadeiramente grandes científicos, Hawking escribe cun estilo moi sinxelo, facendo todo moi comprensible, de tal xeito que o lector vese atrapado na lectura. Non é unha lección de física, é a extraordinaria aventura do coñecemento.
Stephen Hawking naceu en Oxford (Reino Unido) en 1942, en plena II Guerra Mundial e, como lle gusta dicir a el mesmo, xusto 300 anos despois da morte de Galileo.
Está considerado uns dos científicos mais importantes do século XX. A súa investigación trata sobre as leis que gobernan o Universo, a unificación da Teoría Xeral da Relatividade e a Física Cuántica. Ten recibido unha chea de premios entre os que se atopa o Premio Príncipe de Asturias en 1989.
En 1963 diagnosticouselle a enfermedade de Gehring (esclerosis lateral amiotrófica, ELA) cun pronóstico de dous ou tres anos de vida. Xa leva 46 anos, nos que o seu estado sufre frecuentes deterioros. Comunícase mediante un complexo sistema informático cun sintetizador de voz manexado coa escasa movilidade que lle queda nos seus ollos.
O libro está disponible na biblioteca do IES de Teis.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Historia del tiempo

Me pareció un libro bastante interesante, aunque era de esperar sabiendo quien lo escribió. En el libro, Hawking plantea las preguntas que se ha hecho el hombre a lo largo de la historia, y revisa las teorías cosmológicas desde Aristóteles hasta la actualidad. También explica muy bien lo que Galileo y Newton han aportado, y luego nos lleva hasta la teoría de la relatividad de Einstein. También explica la teoría de la mecánica cuántica, y al final reflexiona las posibilidades de combinar ambas teorías en una sola que nos permita reflexionar sobre:¿Cual es la naturaleza del tiempo? En definitiva esta muy bien, puede que algo complicado de entender, pero me gustó el libro.

José Ignacio Rivero Costa

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...